Programa de
actividades 2021
A pandemia COVID-19 afectou de maneira moi importante ás actividades que a Fundación tiña previstas para 2020. Algunhas delas non se puideron realizar e outras transformáronse de presenciais a on-line. Aínda que non renunciamos a retomalas, en canto sexa posible a actividade presencial, para 2021 planificáronse actividades que sexan posibles nas actuais circunstancias. Centraranse no aspecto temático, nas cuestións de actualidade coa posta en marcha do Observatorio da Reconstrución, centrado na análise da nova realidade na pandemia e post-pandemia. Asemade, a Fundación Luzes mantén a liña de traballo sobre os debates socio-culturais da axenda galega e a visibilización do traballo xornalístico.
O observatorio da reconstrucción
É un espazo de encontro (virtual mentres o obriguen as actuais circunstancias) para facer diagnósticos e prognósticos sobre os cambios producidos pola crise da COVID-19 en Galicia. Para analizar a canalización axeitada dos fondos europeos e a oportunidade de construír un novo modelo social e económico. E para facer propostas de como debería ser ese novo modelo.
Será, asemade, un contedor de material escrito e audiovisual, ben elaborado pola Fundación Luzes, ben realizado en colaboración con outras entidades, ben recompilado de fontes expertas.
Temas
- Reforzamento dos servizos públicos de atención ás persoas (sanidade, educación, maiores…)
- Transición ecolóxica e cambio do sistema produtivo
- Desenvolvemento rural e sector primario
- Xestión das axudas europeas / modernización-dixitalización da administración…
Formatos
- Nova sección na web da Fundación Luzes co nome OBSERVATORIO DA RECONSTRUCIÓN con documentos-vídeos propios e links a o material que consideremos de interese ao tema
- Produción propia de entrevistas e debates emitidos en streaming e incorporados na canle de youtube da Fundación
- Difusión nas redes sociais do material e a actividade propia ou de persoas e entidades expertas, na canle de youtube, coa colaboración da Revista Luzes.
- Preparación dun “libro branco da reconstrución” que se editaría en 2022
Café de redacción
Temas
- O sistema mediatico galego
- Novxs xornalistas e novo xornalismo
- Límites da liberdade de expresión, fake news …
FORMATO Debates e entrevistas, presentación de libros… on-line en streaming e vía youtube