Resolución do II Premio Pablo L. Orosia
de fotoxornalismo
Reunido o 13 de novembro de 2022, ás 20:30 horas, o xurado do Segundo Premio Pablo L. Orosa de Fotoxornalismo convocado pola Fundación Luzes e formado por Manuel Álvarez Álvarez, Manuel Bragado Rodríguez, María Carmen Ciller Tenreiro, Amador Lorenzo Blach, Xosé Manuel Pereiro e Isabel Romero Barciela, que actuou como secretaria, despois de valorar as obras participantes acordou por unanimidade declarar deserto o certame (base Quinta, apartado 2) e propoñer ao padroado da Fundación Luzes a revisión da base primeira («Temática e condicións») e segunda («Presentación de imaxes») de cara a convocatoria de 2023.
O que como secretaria asino na Coruña, o 15 de novembro de 2022. Fundación Luzes Santa Luisa de Marillac, 16-baixo C, 15002 A Coruña