Padróns
e Padroas

 

Teresa Táboas
Presidenta
México D.F. Arquitecta. Foi a primeira muller decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (2003) e a segunda en formar parte do Consello Superior dos Arquitectos Españois. Conselleira de Vivenda e Solo (2005-2009). Deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia. Membro de dúas comisións consultivas do Parlamento Europeo.

 

Ana Luisa Bouza
Vicepresidenta
A Coruña. Socióloga, coach e experta en Comunicación social. Administradora de Luzes S.L., membro do comité de redacción de Andaina e colaboradora da Radio Galega. Directora de Igualdade da Xunta entre 2005 e 2009. Deputada do Parlamento Galego entre 2009 e 2012.

 

Manuel Bragado
Secretario
Vigo. Pedagogo, editor e activista cultural. Mestre Orientador do CEIP Laredo e Cedeira (Redondela). Director de Edicións Xerais de Galicia entre 1994 e 2018. Colaborador de Faro de Vigo (1983) na sección de Opinión «Campo de Granada» e na de Deportes «Campo do Fragoso», autor do blog Brétemas (2005).

 

Xesús Veiga
Tesoureiro
Pantón (Lugo). Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao. Entre 1974 e 2016, profesor da Facultade de Económicas e Empresariais e tamén da Facultade de Relacións Laborais da USC. Presidente da Fundación Galicia Sempre (2012-1014). Foi deputado do BNG no Parlamento de Galicia entre 1993 e 2005.

 

Manuel Álvarez Álvarez
O Couto Vello (A Guarda) Fotógrafo autodidacta. Funcionario do ACNUR, onde tiña a responsabilidade, a nivel mundial da loxística e administración das radio,telecomunicacións. Xubilado, reside en Meyrín, cantón de Xenebra, Suíza.

 

Jacobo Bermejo
Santiago de Compostela. Despois dunha mocidade cunha intensa actividade política e sindical, hai 38 anos fundou a empresa gráfica Tórculo, a maior de Galicia, con implantación en varios puntos da Península, da que é conselleiro delegado. Foi presidente de organizacións do sector como a Asociación de Artes Gráficas de Galicia e o Clúster do Produto Gráfico.

 

Fernando Blanco
Lugo. Traballador de Telefónica. Foi portavoz do BNG no concello de Lugo e na Deputación provincial de Lugo. Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia de 2005 a 2009. Deputado do Parlamento Galego na VIII Lexislatura.

Carmen Ciller, foto perfil

 

Carmen Ciller
A Coruña. Licenciada e Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. É profesora Titular na Universidade Carlos III de Madrid (Departamento de Comunicación). Desde hai oito anos dirixe o Máster Universitario en Cine e Televisión da UC3M e formou parte do equipo fundador do Instituto Universitario do Cine Español, do que actualmente é subdirectora. Pertence ao grupo de investigación Tecmerin. Nas súas liñas de investigación destacan a produción audiovisual e a representación da muller no audiovisual. É socia de Nós, Productora Cinematográfica Galega, S.L.

 

Xulio Ferreiro
A Coruña. Profesor Titular de Dereito Procesual da Universidade da Coruña. Foi Maxistrado Suplente da Audiencia Provincial de Lugo (2012 a 2015 ) e Alcalde da Coruña entre os anos 2015 e 2019.
Nas súas liñas de investigación na Universidade están as relativas á protección da vítima no proceso penal, a incidencia do Dereito autonómico galego na Administración de Xustiza, ou a deriva mercantilizadora da propia institución universitaria.

 

Juan Janeiro
Vigo. Licenciado en Dereito. Bancario. Membro temperá da comunidade de blogs en galego. Apaixonado das series de televisión e outros elementos da cultura popular. É cofundador de Luzese membro do seu comité de redacción desde a súa creación.

 

Xosé Manuel Pereiro
Monforte de Lemos. Xornalista (Licenciado en Ciencias da Información pola Complutense). Traballou en distintos medios de comunicación, pero fundamentalmente en TVE (1988-2008) e foi correspondente de El País(1985-2010). Fundou ou dirixiu revistas culturais como Loia, La Navale Bravúe foi director e guionista de varios programas de televisión. Foi decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2008-2016). Actualmente, coedita e codirixe Luzese luzes.gal, e colabora en medios como La Opinión de A Coruña, Tinta Libreou Públicoe forma parte do consello editorial da revista CTXT.

 

Xoán Antón Pérez Lema
A Coruña. Licenciado en Dereito e Letrado-asesor de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas ICAI- ICADE. Avogado en exercicio desde 1990. Xefe de Gabinete da Consellería da Presidencia 1987 e 1990 e Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia (2007-2009). Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña, da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo e participa no programa de asesoría xurídica de empresa do Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).

 

Ana Pumares
A Coruña. Traballou 12 anos no Colexio de Arquitectos e 25 anos como funcionaria da Comisión Europea en Bruxelas, maiormente en Relacións Exteriores e Cooperación ao Desenvolvemento de América Central e México. Subscritora fundadora de Luzes.

 

Manuel Rivas
A Coruña. Xornalista (Licenciado en Ciencias da Información pola Complutense) e escritor. Traballou desde os 15 anos en distintos medios, impresos e audiovisuais, e na actualidade é articulista en El Paíse codirector e coeditor de Luzes. É un dos escritores galegos con maior proxección internacional. Narrador, poeta e ensaísta, e por veces tamén dramaturgo e guionista, a súa obra está traducida a máis de 20 idiomas, e acadou o Premio Nacional de Narrativa, varios Premios da Crítica Española e da Galega, e o Torrente Ballester. É membro da Real Academia Galega.

David Rodriguez, foto perfil

 

David Rodríguez
Vigo, 1975. Deseñador gráfico e zoon politikón. Publicou teatro radiofónico, ensaio, poesía e literatura infantil. Mantén o blog O funambulista coxo e colabora regularmente en diversos medios comunicación.

 

Isabel Romero
Vigo. Diplomada no Instituto Oficial de Radio y Televisión (RTVE) e Licenciada en Ciencias de la Información (Audiovisual) pola Universidade Complutense. Traballou en EFE (control central de TV),  Radio Nacional e como reporteira freelance para Tele5. Actualmente é profesora da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, onde imparte materias nos ciclos superiores de Realización e Imaxe. É a Coordinadora para Galicia da ONG Infancia Solidaria.

 

Victor Sampedro
Viveiro. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra e doutor pola Universidade Complutense. É catedrático de Comunicación Política na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Como investigador e como escritor aborda as relacións entre democracia, movementos sociais, mercadotecnia electoral e tecnoloxías dixitais.

 

José Manuel Sande
A Coruña. Programador cultural e escritor cinematográfico, desenvolve parte da súa traxectoria profesional no CGAI-Filmoteca de Galicia. Licenciado en Filoloxía Hispánica, Master en Teatro e Cine, gran parte dos seus estudos e traballos versan sobre historia do cine galego e español, relacións cine-literatura e análise da produción documental. Guionista e produtor do filme Arraianos(2012) de Eloy Enciso, contribuiu a fundar medios como Galiza Ano Ceroou o blog Acto de Primavera, formando parte do comité de redacción nos inicios da actual revista Luzes. Foi concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento no Concello da Coruña (2015-2019) e senador na XIII lexislatura.

 

 

Laura Seara
Ourense, 1975, licenciada en Dereito, Máster de Calidade dos Servizos Públicos, avogada e consultora de xénero. Dende moi nova participou en movementos sociais e políticos. Deputada do Parlamento Galego polo PSdG-PSOE (2001-2010). Secretaria de Estado de Igualdad, Directora do Instituto de la Mujer, Deputada no Congreso (2011-2016) e membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa. Dende 2015 exerce como consultora de xénero e políticas públicas na empresa da que é cofundadora, como asesora xurídica na Fundación CERMI Mujeres e como experta en proxectos de Xénero da OCDE e da Comisión Europea.

 

 

Sociedade Sementeira de Basilea
Fundada na cidade suíza de Basel en 1981, Sementeira é das sociedades galegos da emigración europea máis antiga, e das máis activas. Ten coro, grupo de baile e musical propio, e realiza convocatorias de promoción da cultura galega todo o ano.

¡Este sitio web es único y necesitará de un navegador moderno para funcionar correctamente!

¡Por favor, actualiza!

Compartir