Programa de
actividades 2020
Conforme ás directrices xerais da Fundación, as actividades a realizar en 2020 centraranse no aspecto temático, nas cuestións de actualidade da axenda galega e, no aspecto formal, en tres liñas de traballo: formación, debate e visibilización do traballo xornalístico.
Formación
Obradoiro «Edita o teu medio»
A realizar durante todo o ano 2020
Obxectivos: Divulgación. Realizar un primeiro achegamento á edición de revistas (papel e/ou web) por parte de profesionais destacados do xornalismo, o deseño e maquetación e a xestión económica. A idea é crear no obradoiro unha revista real pasando por todos os procesos necesarios até a publicación.
O Obradoiro poderase realizar directamente pola Fundación na súa sede ou en colaboración con outras entidades públicas e privadas.
SESIÓN 1
QUE, QUEN, PARA QUEN Orientación xornalística dos temas e o seu tratamento.
SESIÓN 2
CON QUE? Orientación sobre a xestión de contidos e económica.
SESIÓN 3
COMO? Maquetación e/ou deseño web
SESIÓN 4
IMOS VER Conclusións e finalización do proxecto.
Debate
«Debates intrépidos»
A realizar durante todo o ano 2020
Obxectivos: Análise das cuestións da axenda galega contrapoñendo puntos de vista diferentes. Protagonizados tanto por xornalistas como outras persoas expertas nos temas que se debaten. Realizarase un debate mensual na sede da Fundación como mínimo e pódese ampliar a colaboracións con entidades públicas e privadas.
Congreso «Xornalismo como arma crítica»
A realizar no segundo semestre do 2020
Obxectivos: Revisión do papel do xornalismo no mundo actual, contando con protagonistas do país e alén.
Visualización do traballo xornalístico
Bolsas FL de fotoxornalismo 1ª Edición
Promover traballos de fotoxornalismo sobre Galicia, combinando eses dous obxectivos de coñecer a realidade galega e promover un xornalismo de calidade.
BASES
As bases publicaranse en Xaneiro de 2020.
FALLO
Fallarase en setembro 2020.