Tecendo Xornalismo

Informar ou manipular?
[Liceo de Ourense, 16 de novembro]

O I Premio Territorium de Xornalismo rexerase polas seguintes Bases:

1 Primeira

O Premio de Xornalismo «Territorium» 2024 da Fundación Luzes institúese coa finalidade de facer público o recoñecemento que merezan os labores xornalísticos en lingua galega que cada ano cristalicen en achegas relevantes para o coñecemento do territorio galego, a divulgación das súas características e problemática e a defensa dunha forma propia de ocupalo.

2 Segunda

Considéranse participantes aqueles traballos xornalísticos de calquera xénero –singularmente xornalismo escrito, fotoxornalismo e xornalismo audiovisual– cuxa temática sexa o territorio publicados ou distribuídos en calquera soporte ou canle en lingua galega entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024. Así mesmo poderá recoñecerse unha traxectoria xornalística iniciada con anterioridade, sempre que ofrecese un fito destacado na temática do territorio durante o ano 2024.

3 Terceira

O premio será outorgado polo Padroado da Fundación Luzes que terá competencia exclusiva para establecer os criterios de valoración (calidade, incidencia social, oportunidade, novidade…) de cada unha das candidaturas presentadas por unha comisión de traballo formada por cinco dos seus membros e presidida pola presidenta da Fundación Luzes.

4 Cuarta

O premio de 2.500 € será único e indivisible, podendo quedar deserto, se así o considera o Padroado da Fundación Luzes. A decisión, inapelable e adoptada por maioría de votos, será comunicada o 16 de novembro de 2024, coincidindo co cabodano de Pablo L. Orosa e a celebración da Xornada Tecendo Xornalismo 2024.

¡Este sitio web es único y necesitará de un navegador moderno para funcionar correctamente!

¡Por favor, actualiza!

Compartir