Galicia tamén quixo un cupo
Galicia tamén quixo un cupo
Dentro da colaboración coa asociación Alexandre Bóveda, correspondente ao ciclo «Revisar os marcos»
As contradicións das elites políticas e o debate curtopracista minaron desde 1983 os intentos para que o país dispoña dun concerto económico similar ao de Euskadi e Navarra, e ao que PSOE e ERC pactaron agora para Catalunya. O certo é que, malia o suposto veto implícito ás cotas noutras comunidades, en Galicia houbo máis intentos para lograr que a Xunta alcanzase unha relación fiscal singular coa Administración xeral do Estado. Algúns chegaron ao Parlamento e outros quedaron en meras propostas declarativas que o debate político diario diluíu no esquecemento.