Galicia, refuxio climático?
Galicia, refuxio climático?
Dentro da colaboración coa asociación Alexandre Bóveda, correspondente ao ciclo «Revisar os marcos»
O xoves 19 de setembro, celebrarase a conversa «Galicia, refuxio climático?». O clima suave da nosa comunidade é usado como reclamo turístico nun contexto xeral de aumento de temperaturas, pero tamén aquí nos afecta por esa tendencia á alza. A nosa é a segunda comunidade con máis decesos por calor. Entre os desafíos que iso presenta, é urxente a adaptación das nosas cidades e vilas —sombra, auga e chan— para crear pequenos oasis que non dependan só da climatización privada.