Alugueiros sen texto
Alugueiros sen teito
Dentro da colaboración coa asociación Alexandre Bóveda, correspondente ao ciclo «Revisar os marcos»
As cidades galegas experimentan unha emerxencia habitacional produto da proliferación de pisos turísticos, a falta de vivenda pública ou o vello monstro da especulación inmobiliaria. Os prezos debuxan unha recta pendente en ascenso e a veciñanza fica desprazada á periferia. Mentres, a nova Lei de Vivenda non acaba de callar ao non declararse «zonas de mercado tensionado».