A Fundación, promovida pola contorna cultural da Revista Luzes —
constituíase en Maio de 2019 co obxecto de fomentar e difundir a cultura galega, o estudo e investigación sobre a sociedade galega, a promoción do debate público e de elaboración de propostas para os problemas e retos de Galicia.
☟ Presentación
A fundación Luzes — con número de identificación fiscal G705911516, domiciliada en A Coruña, na rúa Sta Luísa de Marillac 9 Baixo C. Está en trámite o seu recoñecemento como Fundación de interese cultural e declaración de interese galego pola Xunta de Galicia.
Para a consecución dos fins mencionados, a Fundación pode realizar as seguintes actividades:
- — Edición de publicacións en
papel e web - — Organización de actividades
culturais, cursos e debates - — Produción de material
musical e audiovisual - — Convocatoria de
becas e premios
☜ Actividades
Directrices xerais —
A Fundación Luzes está en proceso de formalización da súa inscrición nos diversos rexistros autonómicos e estatais.
O que non impide inicio das actividades para a que foi creada.
Son directrices xerais de longo alcance que orientarán o traballo da Fundación Luzes nos vindeiros anos:
- — Colaborar na presenza dun xornalismo crítico que consideramos alicerce fundamental da democracia.
- — Colaborar no coñecemento da sociedade galega actual, dos problemas, iniciativas e realidades emerxentes país.
- — Colaborar na instalación dunha cultura do debate e a resolución pacífica dos conflitos sociais.
Liñas de actuación —
Conforme ás directrices xerais da Fundación,
o traballo a realizar en 2020 centrarase no aspecto temático,
nas cuestións de actualidade da axenda galega e,
no aspecto formal, en tres liñas de traballo:
formación, debate e visibilización do traballo xornalístico.
FORMACIÓN —
obrador edita o teu medio
A realizar durante todo o ano 2020
Obxectivos: Divulgación. Realizar un primeiro achegamento á edición de revistas (papel e/ou web) por parte de profesionais destacados do xornalismo, o deseño e maquetación e a xestión económica. A idea é crear no obradoiro unha revista real pasando por todos os procesos necesarios até a publicación.
- — SESIÓN 1 – QUE, QUEN, PARA QUEN Orientación xornalística dos temas e o seu tratamento.
- — SESIÓN 2 – CON QUE? Orientación sobre a xestión de contidos e económica.
- — SESIÓN 3 – COMO? Maquetación e/ou deseño web.
- — SESIÓN 4 – IMOS VER Conclusións e finalización do proxecto.
O Obradoiro poderase realizar directamente pola Fundación na súa sede ou en colaboración con outras entidades públicas e privadas.
DEBATE —
debates intrépidos
A realizar durante todo o ano 2020
Obxectivos: Análise das cuestións da axenda galega contrapoñendo puntos de vista diferentes.
Protagonizados tanto por xornalistas como outras persoas expertas nos temas que se debaten.
Realizarase un debate mensual na sede da Fundación como mínimo
e pódese ampliar a colaboracións con entidades públicas e privadas.
congreso xornalismo como arma crítica
A realizar no segundo semestre 2020
Obxectivos: Revisión do papel do xornalismo no mundo actual, contando con protagonistas do país e alén.
VISUALIZACIÓN DO TRABALLO XORNALÍSTICO —
bolsas FL de fotoxornalismo 1ª edición
As bases publicaranse en Xaneiro de 2020. Fallarase en setembro 2020.