A Fundación Luzes, está recoñecida como de interese cultural, e declarada de interese galego pola Xunta de Galicia —
Foi promovida pola contorna cultural da Revista Luzes en Maio de 2019 co obxecto de fomentar e difundir a cultura galega, o estudo e investigación sobre a sociedade galega, a promoción do debate público e de elaboración de propostas para os problemas e retos de Galicia..
☟ Presentación
Son directrices xerais de longo alcance que orientarán o traballo da Fundación Luzes nos vindeiros anos: — Colaborar na presenza dun xornalismo crítico que consideramos alicerce fundamental da democracia, colaborar no coñecemento da sociedade galega actual, dos problemas, iniciativas e realidades emerxentes país, e colaborar na instalación dunha cultura do debate e a resolución pacífica dos conflitos sociais.
Para a consecución dos fins mencionados, a Fundación pode realizar as seguintes actividades:
- — Edición de publicacións en
papel e web - — Organización de actividades
culturais, cursos e debates - — Produción de material
musical e audiovisual - — Convocatoria de
becas e premios
☜ Actividades